Logo

Inicio  > Reeducación e reinserción social  > Traballo e inserción laboral
Imprimir
Actualizado:

30/06/2014

Traballo e inserción laboral

O traballo é un instrumento básico para a reinserción da persoa en prisión, pois a prepara para unha mellor integración no mundo laboral unha vez cumprida a pena.

Nos Establecementos Penitenciarios bríndase aos reclusos a posibilidade de formarse laboralmente durante o tempo que permanecen en prisión, co obxecto de facilitar a súa integración na sociedade e afastarse do mundo do delito.

Con este fin, a Institución Penitenciaria desenvolveu un itinerario integrado de inserción laboral no que se prevén unha serie de accións paulatinas para conseguir a incorporación laboral no mercado de traballo das persoas sentenciadas a penas privativas de liberdade.

 

2009 Secretaría General de Instituciones Penitenciarias - Ministerio del Interior - Gobierno de España