Logo

Imagen
Recursos humanos

Recursos humanos Os empregados públicos que traballan nos establecementos penitenciarios son o motor da modernización e humanización do sistema penitenciario e achegan vocación, dedicación, esforzo e profesionalidade.

Nun sistema penitenciario que ten como obxectivo a reinserción social é imprescindible contar con equipos de profesionais cualificados e cun alto nivel de implicación. Nas súas mans está, en boa medida, o éxito ou o fracaso da tarefa. Por iso é preciso facer da prisión un atractivo lugar de traballo.

O labor do persoal que traballa ao servizo da Institución Penitenciaria está encamiñado á consecución dos fins que ten asignada a Administración Penitenciaria, isto é, a retención e custodia de detidos, presos e penados, así como a reeducación e reinserción social dos sentenciados a penas e medidas de seguridade privativas de liberdade, e a asistencia social dos internos, liberados e dos seus familiares.

Na actualidade, traballan na Institución Penitenciaria tanto persoal funcionario coma persoal laboral, que desenvolven o seu traballo tanto nos diferentes Centros Penitenciarios coma nos Servizos Centrais.

Para desenvolver as súas funcións, a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias contaba, a decembro de 2017, con 23.952 traballadores entre o corpo de funcionarios e o persoal laboral.

A estes profesionais habería que sumar os 407 que prestan o seu servizo no Traballo Penitenciario e Formación para o Emprego.

Inactivo
Imagen

Puestos de trabajo

La labor del personal que trabaja al servicio de la Institución Penitenciara está encaminada a la consecución de los fines que tiene...

Procesos selectivos

Imagen

Las necesidades de personal de toda la Administración General del Estado se recoge, anualmente, en la Oferta de Empleo Público, que se aprueba por el Gobierno en el primer trimestre de cada año.

Formación y promoción

Imagen

El proceso de modernización y la creación de nuevos establecimientos penitenciarios en la Administración Penitenciaria han conllevado un incremento considerable de sus recursos humanos, y también la necesidad de formar adecuadamente al personal que trabaja...

  • Personal laboral

  • El personal laboral que presta sus servicios para la Administración General del Estado son las personas incorporadas a la misma...

2009 Secretaría General de Instituciones Penitenciarias - Ministerio del Interior - Gobierno de España