Logo

Establecementos penitenciarios

Os establecementos penitenciarios son os edificios destinados á execución penitenciaria; polo tanto, son os lugares nos que se desenvolve a vida dos internos e internas, as súas relacións co exterior e as diversas actividades de tratamento orientadas á reinserción social dos presos.

 

O sistema penitenciario español conta con 69 Centros Penitenciarios para o cumprimento de penas no que se denomina Réxime Ordinario e para prisión preventiva, conformando un mapa penitenciario moderno e funcional, no que a prisión constitúe un espazo autosuficiente.

 

Os Hospitais Psiquiátricos Penitenciarios, establecementos dedicados á custodia e tratamento dos presos que padecen trastornos graves de conduta e que foron internados neles por decisión dos Tribunais de Xustiza. Teñen un carácter máis hospitalario que penitenciario. Existen dous destes establecementos no noso país, dependentes da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

 

Os Centros de Inserción Social son establecementos penitenciarios destinados ao cumprimento das penas privativas de liberdade en Réxime Aberto (prisión atenuada, con posibilidade de traballar no exterior). Tamén ao seguimento de penas non-privativas de liberdade (control telemático mediante pulseiras ou outros dispositivos) que se establece na lexislación penal e cuxa execución se atribúe aos servizos penitenciarios. Actualmente, existen 13 Centros de Inserción Social independentes e 19 dependentes dun Centro Penitenciario.

 

As Seccións Abertas teñen unhas funcións similares aos CIS, pero están situados nos Centros Penitenciarios. Actualmente funcionan 21 Seccións Abertas.

 

As Unidades de Nais son establecementos de recente creación, cuxa finalidade é que os nenos ata unha idade de tres anos, que deben ser coidados polas súas nais que cumpren condena, vivan nunhas condicións favorables para a súa educación, nun ambiente diferente ao que supón unha prisión tradicional. Ata o momento creáronse 3 destes establecementos.

 

As Unidades de Custodia Hospitalaria son  locais reservados nos hospitais públicos para os internos que precisen asistencia hospitalaria. Funcionan 43 UCH.

 

Os Servizos de Xentión de Penas e Medidas Alternativas son as unidades que teñen encomendada á execuión das penas e medidas alternativas. Dependen dun establecemento penitenciario. Nestas unidades traballan diferentes profesionais penitenciarios: psicólogos, pedagogos, outros técnicos, administrativos  e traballadores sociais. Son equipos multicisplinais con un Xefe/Responsable do servizo. Ubícanse en locais externos aos establecementos penitenciarios. No momento actual existen 55 servizos

 

Inactivo
  • Localizador de
    Establecimientos Penitenciarios
  • Nombre
  • Tipo
  • Provincia
Imagen

Centros penitenciarios de regimen ordinario

Hoy los centros penitenciarios están conce­bidos arquitectónicamente con una tipología modular que posibilita crear espacios...

Unidades de madres

Imagen

La legislación española contempla el derecho de las madres presas a mantener a sus hijos con ellas hasta que cumplan los tres años.

Centros de insercion social

Imagen

Los Centros de Inserción Social son establecimientos penitenciarios destinados al cumplimiento tanto de las penas privativas de libertad en régimen abierto...

Imagen

Otras unidades y departamentos

Centro Psiquiátrico Penitenciario, Unidad de Custodia Hospitalaria, Comunidad Terapéutica...

Imagen

Compromiso con el medio ambiente

La Secretaría General de Instituciones Penitenciarias está aplicando la política de sostenibilidad del Gobierno español...

  • Organización y funcionamiento

  • Imagen
  • Los establecimientos penitenciarios se conciben arquitectónicamente como un núcleo urbano autosuficiente...

  • Infraestructuras y equipamiento

  • Imagen
  • Es deber de la Administración Penitenciaria garantizar que los establecimientos penitenciarios sean seguros, dotados de los medios...

  • Ubicación

  • Imagen
  • La ubicación de los establecimientos es fijada por la Administración Penitenciaria, dentro de las áreas territoriales que se designen.

2009 Secretaría General de Instituciones Penitenciarias - Ministerio del Interior - Gobierno de España