Logo

Inicio  > Establecementos penitenciarios  > Localizar un establecemento penitenciario
Establecementos penitenciarios

Os establecementos penitenciarios son os edificios destinados á execución penitenciaria; polo tanto, son os lugares nos que se desenvolve a vida dos internos e internas, as súas relacións co exterior e as diversas actividades de tratamento orientadas á reinserción social dos presos.

 

O sistema penitenciario español conta con 68 Centros Penitenciarios para o cumprimento de penas no que se denomina Réxime Ordinario e para prisión preventiva, conformando un mapa penitenciario moderno e funcional, no que a prisión constitúe un espazo autosuficiente.

 

Os Hospitais Psiquiátricos Penitenciarios, establecementos dedicados á custodia e tratamento dos presos que padecen trastornos graves de conduta e que foron internados neles por decisión dos Tribunais de Xustiza. Teñen un carácter máis hospitalario que penitenciario. Existen dous destes establecementos no noso país, dependentes da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

 

Os Centros de Inserción Social son establecementos penitenciarios destinados ao cumprimento das penas privativas de liberdade en Réxime Aberto (prisión atenuada, con posibilidade de traballar no exterior). Tamén ao seguimento de penas non-privativas de liberdade (control telemático mediante pulseiras ou outros dispositivos) que se establece na lexislación penal e cuxa execución se atribúe aos servizos penitenciarios. Actualmente, existen 13 Centros de Inserción Social independentes e 19 dependentes dun Centro Penitenciario.

 

As Seccións Abertas teñen unhas funcións similares aos CIS, pero están situados nos Centros Penitenciarios. Actualmente funcionan 21 Seccións Abertas.

 

As Unidades de Nais son establecementos de recente creación, cuxa finalidade é que os nenos ata unha idade de tres anos, que deben ser coidados polas súas nais que cumpren condena, vivan nunhas condicións favorables para a súa educación, nun ambiente diferente ao que supón unha prisión tradicional. Ata o momento creáronse 3 destes establecementos.

 

As Unidades de Custodia Hospitalaria son  locais reservados nos hospitais públicos para os internos que precisen asistencia hospitalaria. Funcionan 43 UCH.

 

Os Servizos de Xentión de Penas e Medidas Alternativas son as unidades que teñen encomendada á execuión das penas e medidas alternativas. Dependen dun establecemento penitenciario. Nestas unidades traballan diferentes profesionais penitenciarios: psicólogos, pedagogos, outros técnicos, administrativos  e traballadores sociais. Son equipos multicisplinais con un Xefe/Responsable do servizo. Ubícanse en locais externos aos establecementos penitenciarios. No momento actual existen 54 servizos

 

Inactivo
  • Localizador de
    Establecimientos Penitenciarios
  • Nombre
  • Tipo
  • Provincia

Resultados de la búsqueda

162 establecimientos encontrados

2009 Secretaría General de Instituciones Penitenciarias - Ministerio del Interior - Gobierno de España